Página web Contactar con la empresa

BelaFurtiva Relatos arredor da cultura a través da creatividade. Arte, mobiliario, experiencias e proxectos a medida. Rúa Ponte do Sar 89, Santiago de Compostela

15/10/2026

SHROOSH

Comeza a conta atras para iniciar este fermoso proxecto…

14/10/2026
12/10/2026

CONEXIÓNS IMPROBABLES

Bela Furtiva lanza o obradoiro “Conexións improbables”, pensado para fomentar a curiosidade e estimular a creatividade, e dirixido a todos os públicos. Ben sexas unha persoa acostumada a expresar a túa creatividade, ou ben teñas esta faceta un pouco máis apagada, este obradoiro é para ti.

A primeira parte do obradoiro vai encamiñada a explicar os temas elixidos para esa sesión, pertencentes a diferentes áreas de coñecemento e seleccionados pola súa capacidade de evocar novas ideas.

Na primeira sesión, estes temas son:

-Saltar as ondas. Un percorrido por algunhas tradicións galegas arredor da auga.

-Pezas dun mosaico. Itinerario por obras artísticas con carácter fragmentario, construídas a partir de anacos, restos, fragmentos, ruinas… e nas que cobra valor a imperfección e o paso do tempo.

-A radicalidade da alegría. Unha reflexión sobre o concepto da alegría como acto radical, enlazada con todas esas expresións vitais que nos conectan co noso lado máis humano.

Na segunda parte do obradoiro trátase de crear unha peza, tomando como punto de partida estes temas e o material que se entrega (textos, debuxos e imaxes de todo tipo en formato de baixa edición). Esta peza pode consistir en escribir algo, facer un debuxo, un collage, unha foto co propio móbil, un movemento, etc. Non se busca a perfección dunha peza acabada nin ningún tipo de saber facer, senón que se da valor ao proceso e á propia experiencia de compartir pensamentos e reflexións con outras persoas.

Na terceira parte faise unha presentación de todas as ideas traballadas e crease un pequeno fanzine.

Información práctica

Primeira sesión sábado 24/10/2026 de 10 a 14h
Bazar Bela Furtiva en Santiago de Compostela

Imparten Xema Varela e Alicia Gómez
Materiais e almorzo incluídos

Información e inscricións [email protected]
Prazas limitadas

11/10/2026

NECESITAS AMOBLAR A TÚA CASA OU NEGOCIO?

En Bela Furtiva podemos facer o teu proxecto de amoblamento personalizado e encargarnos de subministrar e instalar todos eses mobles feitos a medida ou de catálogo.

Se buscas crear espazos diferenciais e significativos, chámanos ou visítanos no noso Bazar en Santiago de Compostela.

10/10/2026

CONEXIÓNS IMPROBABLES

Seleccionando os materiais para o obradoiro de creatividade Conexións improbables. Interesantísimos documentos gráficos e textuais, en formato de baixa edición, a partir dos que poñerse a crear.

Infórmate e reserva a túa praza escribindo a:
[email protected]

08/10/2026

Antes de validar que os nosos mobles están listos para produción, facemos deseños, redeseños, prototipos e axustes cos que imos afinando o resultado final.

Ás veces, xusto antes lograr o que queremos, pasamos por unha etapa escura en que custa atopar ese detalle que aporte o “punch” final.

Esta é a historia do banco Chamosa. Quen sabe se un banco destinado a facer historia…

07/10/2026

OUTONO NO BAZAR

O outono no noso Bazar:
-Proxectos de interiorismo e coleccións de mobiliario
-Obradoiro de creatividade Conexións improbables
-Volven as Lecturas habitadas con Branca Novoneyra ( )
-Moi pronto anunciaremos un evento “a tres voces”

E outras cousiñas que se van cocendo…

Visítanos na rúa Ponte do Sar 89, en Santiago de Compostela

Dirección

Rúa Ponte Do Sar 89 Baixo
Santiago De Compostela
15702

Horario de apertura

Lunes 10:00 - 17:00
Martes 10:00 - 17:00
Miércoles 10:00 - 17:00
Jueves 10:00 - 17:00
Viernes 10:00 - 17:00

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando BelaFurtiva publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a BelaFurtiva:

Atajos

Compartir