Xogo de fios

Xogo de fios Telf: 676 71 62 91

Deseños fiados a traves do tacto 🧶 Arte creada desde a discapacidade 🎁 Regalos personalizados🧵 Obradoiros artesanais ♿️ Charlas de sensibilizacion 🎇 Detalles para eventos 📍 Visita a miña tenda en Outeiro de Laxe (Allariz).

Estiven no campamento Talentia, compartindo unha xornada con 16 mozos e mozas con interese polo mundo da arte e da cultu...
04/09/2026

Estiven no campamento Talentia, compartindo unha xornada con 16 mozos e mozas con interese polo mundo da arte e da cultura, nunha iniciativa pensada para fomentar o seu desenvolvemento artístico e creativo.

Aproveitando o estreno da terceira temporada de Seresdebenrg , falamos un pouco da miña experiencia no programa de Rubén Riós e, despois, chegou a parte práctica: fíos, marcapáxinas e creatividade libre 🧵

Cada participante deseñou o seu propio marcapáxinas, deixando que a imaxinación fixese o resto.

Un pracer compartir un anaquiño do noso traballo con xente nova con tantas ganas de crear 💚

🧵 Fíos, dende o meu obradoiro ata o teu fogar.

01/09/2026

Se Goku tivo a súa aventura, non podía faltar Bulma 💙

Hai uns meses era el quen pasaba polo obradoiro e, desta volta, tocoulle á súa compañeira de viaxe.

Fiada a fiada, con moito tacto e paciencia, Bulma foi collendo forma ata chegar ao resultado final 🧵✨

E agora que xa está rematada… que vos parece?

🧵 Fíos, dende o meu obradoiro ata o teu fogar.

31/08/2026
🧵 Seguimos creando con fío na Asociación Algaria de Xinzo.Esta vez tocou poñerse mans á obra cunha personaxe que non pre...
28/08/2026

🧵 Seguimos creando con fío na Asociación Algaria de Xinzo.

Esta vez tocou poñerse mans á obra cunha personaxe que non precisa presentación: Hello Kitty 🎀 Un novo tapizado feito con moito fío, paciencia e agarimo 🧶✨

Grazas á Asociación Algaria por seguir contando con nós para compartir estes momentos e continuar aprendendo xuntas 💚

Unha caixiña nunca é só unha caixiña.Pode gardar xoias, recordos, moedas, mensaxes especiais... ou simplemente decorar u...
24/08/2026

Unha caixiña nunca é só unha caixiña.

Pode gardar xoias, recordos, moedas, mensaxes especiais... ou simplemente decorar un recuncho con algo feito para ti.

Estas tres foron feitas con deseños completamente diferentes porque cada persoa ten a súa idea do que quere gardar. Eu só lle poño os fíos para darlle forma 🧵✨
E ti, como personalizarías a túa?

🧵 Fíos, dende o meu obradoiro ata o teu fogar.

Xogo de Fíos foi recoñecido como un dos proxectos gañadores de Terra de Oportunidades 2026, unha iniciativa de Fundación...
19/08/2026

Xogo de Fíos foi recoñecido como un dos proxectos gañadores de Terra de Oportunidades 2026, unha iniciativa de Fundación "la Caixa" en colaboración cos distintos GDR, entre eles Limia Arnoia GDR 10 , para promover o emprendemento nas áreas rurais 💚

É un premio que valora o traballo, a creatividade e o emprendemento no rural, e que para min supón un impulso enorme para seguir creando e facendo medrar este proxecto.

Moitas grazas por contar con Xogo de Fíos e por poñer en valor o traballo que hai detrás de cada peza 🥰

E grazas tamén a todas as persoas que confiades no meu traballo e que facedes que este proxecto siga medrando cada día.

🧵 Fíos, dende o meu obradoiro ata o teu fogar.

🪵🧵 Dous muiñeiros, moita madeira e un agasallo con nome propio.O alumnado da Agrupación de Baile Barallocas quixo pechar...
14/08/2026

🪵🧵 Dous muiñeiros, moita madeira e un agasallo con nome propio.

O alumnado da Agrupación de Baile Barallocas quixo pechar o curso 2025-2026 cun detalle moi especial para a súa profesora: estes dous pratos de madeira personalizados, feitos para gardar un anaquiño do que compartiron durante todo o curso 💛

🧵 Fíos, dende o meu obradoiro ata o teu fogar.

14/08/2026

🧶 Cada creación conta unha historia de superación, talento e artesanía.

Felicitamos a Xogo de fios, o proxecto de Lorena Quintas, recoñecido como un dos gañadores de Terra de Oportunidades 2026, unha iniciativa de CaixaBank e o GDR Limia-Arnoia.

A través do tacto e da súa creatividade, Lorena elabora pezas únicas sobre tea, papel e madeira, demostrando que o talento non entende de límites e que a artesanía segue sendo unha fonte de innovación no rural 🥰.

Parabéns por este máis que merecido recoñecemento! 💚.

Podedes consultar máis detalles sobre os premios nesta ligazón: https://limia-arnoia.gal/o-gdr-limia-arnoia-xa-ten-os-catro-proxectos-ganadores-da-convocatoria-2026-de-tierra-de-oportunidades/

Hai nomes que xa che din por onde vai a historia.No caso de Lucas, estaba claro: Tigger e Winnie tiñan que estar present...
10/08/2026

Hai nomes que xa che din por onde vai a historia.

No caso de Lucas, estaba claro: Tigger e Winnie tiñan que estar presentes 🧡💛

Cada letra desta tablilla foi tapizada unha a unha para crear unha peza que non só identifica a súa habitación, senón que fala del desde o primeiro momento. Porque cando un detalle está pensado para unha persoa en concreto, deixa de ser decoración para converterse en parte do seu espazo.

🧵 Fíos, dende o meu obradoiro ata o teu fogar.

Dirección

Outeiro De Laxe 1
Allariz
32668

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Martes 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Miércoles 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Jueves 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00
Viernes 10:00 - 14:00
16:00 - 20:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Xogo de fios publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Xogo de fios:

Atajos

Compartir