Suministros Lar

Suministros Lar Empresa con máis de 70 anos especializada en bricolaxe, reformas e materiais de construción en Cee, Costa da Morte.

Todo para baños, cociñas, decoración, exterior e mellora do fogar.

MAPEI TOUR 2026 FAI PARADA EN SUMINISTROS LAR 🔵O próximo mércores 16 de setembro pola mañá, recibimos en Suministros Lar...
04/09/2026

MAPEI TOUR 2026 FAI PARADA EN SUMINISTROS LAR 🔵

O próximo mércores 16 de setembro pola mañá, recibimos en Suministros Lar o Mapei Tour 2026, a caravana-exposición de MAPEI que percorre España achegando innovación e coñecemento técnico aos profesionais da construción.

Durante a xornada poderás coñecer de primeira man novas solucións e produtos MAPEI, ver mostras, participar en demostracións e resolver dúbidas directamente co equipo técnico da marca.

Ademais, haberá agasallos para profesionais. 🎁

Unha boa oportunidade para achegarte, coñecer as novidades e compartir unha xornada de formación e experiencia profesional.

📅 Mércores 16 de setembro
📍 Parking Suministros Lar en Cee

Para máis información, chama a Suministros Lar 📞

Se es profesional da construción, agardámoste!

👉 Que non hai no Lar?

01/09/2026

REFORMA O TEU PISO SEN GRANDES OBRAS 🏠

Vives na Coruña, Carballo, Santiago ou noutra cidade e estás pensando en reformar o teu piso sen gastar un dineral? En Suministros Lar temos solucións para facer a reforma máis rápida, limpa e sinxela.

Os nosos paneis decorativos poden instalarse directamente sobre superficies como pintura ou cerámica, evitando ter que retirar o revestimento existente e reducindo ao mínimo os residuos da obra.

Isto significa menos escombro, menos molestias e tamén podes evitar os gastos asociados ao alugueiro dun contedor e aos permisos necesarios para instalalo na vía pública.

E se queres renovar o chan, tamén contamos con pavimentos vinílicos SPC de última xeración, unha opción rápida de instalar para transformar completamente unha estancia.

Moderniza o teu piso sen complicarte e en moito menos tempo ✨

📍 Visítanos en Suministros Lar · Cee · Costa da Morte e descubre todas as posibilidades.

👉 Que non hai no Lar?

MATERIAIS DE CONSTRUCIÓN PARA TODO TIPO DE OBRAS 🏗️En Suministros Lar contamos cunha ampla sección de materiais de const...
28/08/2026

MATERIAIS DE CONSTRUCIÓN PARA TODO TIPO DE OBRAS 🏗️

En Suministros Lar contamos cunha ampla sección de materiais de construción para que atopes todo o que necesitas nun mesmo lugar.

Temos solucións de illamento para diferentes aplicacións, como la de rocha e poliestireno, ademais de placas de pladur, membranas e outros materiais para mellorar o confort e a protección da túa vivenda.

E para a túa obra tamén contamos con escaiola, cemento cola, xeso, morteiros e moito máis.

Tanto se es profesional como se estás facendo unha reforma na túa casa, o noso equipo pode asesorarte para escoller os materiais máis adecuados.

📍 Pásate por Suministros Lar · Cee · Costa da Morte e descubre todo o que temos para a túa obra.

👉 Que non hai no Lar?

27/08/2026

ROTECCIÓN LABORAL PARA TRABALLAR CON SEGURIDADE 🦺

En Suministros Lar contamos cunha ampla sección de protección laboral, pensada tanto para profesionais como para diferentes tipos de traballos e necesidades.

Temos calzado e botas de seguridade de marcas referentes como Sparco, Diadora, Lavoro e Delta Plus, ademais dunha ampla variedade de luvas e accesorios, como protección auditiva.

Tamén atoparás botas para auga, fundas, pantalóns, chaquetas, traxes reflectantes para traballos no exterior e moito máis.

Podes ver, tocar e probar os produtos en persoa na nosa tenda para escoller a opción que mellor se adapte ao teu traballo.

📍 Suministros Lar · Cee · Costa da Morte

👉 Que non hai no Lar?

25/08/2026

NOVAS PLACAS DECORATIVAS CON ACABADO MICROCEMENTO ✨

Seguimos incorporando novidades á nosa exposición! Desta vez, presentámosvos as nosas novas placas decorativas con acabado microcemento, unha opción moderna e moi versátil para renovar os teus espazos.

No vídeo, José móstranos o seu acabado e como quedan instaladas, conseguindo un resultado limpo, actual e moi estético.

Ademais, como no resto dos nosos modelos, destacan pola súa facilidade de instalación, grazas ao sistema machihembrado, e polos seus 4 mm de espesor, que achegan esa rixidez e estabilidade que marcan a diferenza.

📐 Dispoñibles en dúas medidas:
• 2,60 × 1,22 m
• 2,60 × 0,60 m

📍 Podes velas en persoa en Suministros Lar · Cee · Costa da Morte.

👉 Que non hai no Lar?

costadamorte

PANEL ACÚSTICO: FUNCIONALIDADE E DESEÑO 🎧 Os nosos paneis acústicos son unha solución perfecta para reducir o ruído e me...
21/08/2026

PANEL ACÚSTICO: FUNCIONALIDADE E DESEÑO 🎧

Os nosos paneis acústicos son unha solución perfecta para reducir o ruído e mellorar o confort acústico dos teus espazos, pero tamén poden converterse nun elemento decorativo que marque a diferenza.

Hoxe mostrámosche 3 formas de utilizalos:

🏡 Na entrada da túa vivenda, achegando calidez e unha estética máis acolledora.
🛋️ No salón, combinando deseño e funcionalidade para conseguir un espazo máis agradable.
🛏️ No dormitorio, creando un cabeceiro decorativa con personalidade e un acabado elegante.

Un mesmo produto, diferentes posibilidades para transformar os teus espazos.

📍 Descubre os nosos modelos en Suministros Lar, en Cee. Podes velos en persoa e contar co asesoramento do noso equipo.

👉 Que non hai no Lar?

20/08/2026

UN PANEL TODO TERREO PARA A TÚA OBRA💧

Hoxe José móstranos un dos nosos produtos estrela: Kerdi-Board de Schlüter, un panel multidisciplinar, impermeable e moi versátil.

Unha solución especialmente interesante para paredes con problemas de humidade, xa que actúa como barreira impermeable e de v***r, permitindo cubrir e protexer esas zonas sen necesidade de realizar grandes obras.

Pero as súas posibilidades van moito máis alá:

✔ Permite crear tabiques interiores sen ladrillo, cemento nin escombros.
✔ Dispoñible en diferentes espesores, desde 5 mm ata 5 cm.
✔ Achega illamento térmico e impermeabilidade.
✔ Permite colocar cerámica directamente sobre o panel.
✔ Pódese revestir, pastear e pintar.
✔ Ideal tamén para crear estruturas e mobles de cociña que posteriormente se poden revestir con cerámica, Dekton ou outros materiais.

Un único panel con moitas posibilidades para adaptarse ao teu proxecto, reducindo tempos de obra, ruído e xeración de escombros.

📍 Pásate por Suministros Lar, en Cee, e consulta co noso equipo para saber se esta solución se adapta ao que necesitas.

👉 Que non hai no Lar?

A TÚA NOVA COCIÑA COMEZA EN SUMINISTROS LAR 🍽️Levamos anos traballando coa marca Cocinas Santos , unha experiencia que n...
18/08/2026

A TÚA NOVA COCIÑA COMEZA EN SUMINISTROS LAR 🍽️

Levamos anos traballando coa marca Cocinas Santos , unha experiencia que nos permite acompañarte en todo o proceso para crear a cociña que realmente necesitas.

Cociñas cómodas, funcionais e bonitas, pensadas para o día a día e adaptadas ao estilo e ás necesidades de cada fogar.

Contamos con diferentes distribucións, acabados e posibilidades para que poidas crear unha cociña ao teu gusto, tanto se buscas un estilo máis clásico como se prefires unha proposta moderna e actual.

📍 Ven visitar a nosa exposición en Suministros Lar, en Cee, e déixate asesorar polo noso equipo.

Porque unha boa cociña non só ten que ser bonita: ten que estar pensada para ti.

👉 Que non hai no Lar?

17/08/2026

A DIFERENZA ESTÁ NOS DETALLES: 4 MM DE ESPESOR

Nos nosos paneis decorativos SPC apostamos pola calidade desde o primeiro momento.

No vídeo, José explícanos por que os 4 mm de espesor son tan importantes: achegan maior estabilidade, forza e firmeza á placa, conseguindo un produto máis resistente e duradeiro.

E para demostrárnolo, José pon a proba a placa intentando partila... pero non o consegue.

En Suministros Lar buscamos sempre ofrecer a mellor relación entre calidade e prezo, sen renunciar ás prestacións que realmente marcan a diferenza.

Ademais, contamos con máis de 20 modelos diferentes, para que poidas escoller o acabado que mellor se adapte ao teu proxecto.

📍 Podes velos e tocalos en persoa en Suministros Lar · Cee · Costa da Morte.

👉 Que non hai no Lar?

Dirección

Lugar De Xallas, 28
Cee
15270

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 13:30
15:00 - 20:00
Martes 09:00 - 13:30
15:00 - 20:00
Miércoles 09:00 - 13:30
15:00 - 20:00
Jueves 09:00 - 13:30
15:00 - 20:00
Viernes 09:00 - 13:30
15:00 - 20:00
Sábado 09:00 - 13:30

Teléfono

+34981708802

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Suministros Lar publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Suministros Lar:

Atajos

Compartir