Artesanía Enxebre de Valdeorras

Artesanía Enxebre de Valdeorras Artesanía Enxebre de Valdeorras. Madeira con alma e raíces. Cada peza nace a man, con calma e intención.

Agasallos, carteis e creacións que gardan historia e levan un anaco de nós.

18/06/2026

Ogallá algúns procesos fosen tan rápidos coma un trend top 10😅
-

Moitas grazas, CTNL - Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, por contar connosco para dar forma ao...
16/06/2026

Moitas grazas, CTNL - Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, por contar connosco para dar forma aos galardóns desta edición dos Premios Mil Primaveras.
Para nós foi unha ledicia enorme ver as pezas acompañando un acto que celebra a lingua e o traballo de tanta xente comprometida con ela.
Parabéns ás iniciativas premiadas e a toda a organización por un evento tan coidado.
Seguiremos poñendo madeira e alma onde haxa proxectos que fagan medrar o galego. 🌿✨💪

08/06/2026

E cando o ves posto... Entendes por que paga a pena facelo en madeira🪵
-
A asociación de Mulleres Rurais de San Martiño teñen un local ben fermoso, de pedra, paredes brancas, luz 😍 ... E pedía a berros algo á altura. Queriamos que o seu nome tivese na fachada o mesmo peso que teñen elas no seu territorio. E ao final, o cartel, o número, todo encaixou coma se sempre estise aí.
-
Elas xa teñen nome na porta, e nós xa temos outra peza que nos vai custar esquecer🫶
-
👉 Se a túa asociación, negocio ou casa rural ben merece algo así, xa sabes onde estamos🌿
-

Dirección

Praza Ramón Otero Pedraio Nº12 Baixo
El Barco De Valdeorras
32315

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Artesanía Enxebre de Valdeorras publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir