20/10/2026
🚨 NON SOMOS PEQUENO COMERCIO??? POIS NÓS CREMOS QUE SI!
Desde Muebles y Carpintería García S.L. queremos compartir con todos os nosos clientes e tamén con quen aínda non o é, unha situación que consideramos profundamente inxusta.
A Deputación da Coruña puxo en marcha a campaña «MercaNaVila 2026», unha iniciativa destinada a apoiar ao pequeno comercio local.
Unha campaña que nos parece positiva e necesaria. Pero a nosa sorpresa e indignación chegan cando as nosas tendas de electrodomésticos, téxtil e mobles quedan excluídas de participar, ao considerar a Deputacion da Coruña, que non cumprimos as condicións para ser considerados pequeno comercio.
Acaso as nosas tendas non son comercio local?
Acaso non contribuímos a manter a actividade económica da nosa vila, a crear emprego e a ofrecer un servizo próximo á nosa veciñanza?
Que unha empresa local teña varias tendas non significa que deixase de formar parte do comercio de proximidade.
Non pedimos ningún trato de favor, pedimos igualdade de oportunidades e que se recoñeza o esforzo dos que seguimos apostando polo comercio da nosa vila.
Sentímonos discriminados por uns criterios que, ao noso entender, non reflicten a realidade de negocios coma o noso.
Pero non queremos quedar só na queixa.
🛍️ POÑEMOS EN MARCHA A NOSA PROPIA CAMPAÑA!
🎉 «MERCA EN GARCÍA» 🎉
Porque os nosos clientes tamén merecen beneficiarse de descontos e promocións, decidimos poñer en marcha a nosa propia iniciativa, con vantaxes financiadas directamente pola nosa empresa.
🎁 20 % DE DESCONTO EN TODA A NOSA TENDA DE TÉXTIL.
🎟️ SORTEAMOS 2 VALES DE COMPRA DE 100 € CADA UN.
🛋️ 10 % DE DESCONTO NA NOSA MOBLERÍA por cada compra superior a 50 € que realices na nosa tenda de téxtil.
E todo isto pola nosa conta, sen bonos nin axudas da Deputación!
❤️ Porque cremos na nosa vila, nos nosos clientes e no comercio de proximidade.
Sacamos adiante a nosa actividade con esforzo, compromiso e ilusión, e seguiremos facéndoo, con ou sen campañas institucionais.
Á Deputación da Coruña pedímoslle que revise uns criterios que deixan fóra a comercios locais que tamén forman parte da vida e da economía das nosas vilas.
E aos nosos clientes queremos dicirlles algo moi sinxelo:
GRAZAS POR SEGUIR CONFIANDO EN NÓS.
💪 SE NON NOS DEIXAN PARTICIPAR EN «MERCA NA VILA», NÓS POÑEMOS EN MARCHA «MERCA EN GARCÍA».
Agardámosvos nas nosas tendas!
MUEBLES Y CARPINTERÍA GARCÍA S.L.