14/04/2026
🔬𝗙𝗢𝗢𝗗𝗠𝗜𝗖𝗥𝗢𝗕𝗜𝗔- 𝗣𝗿𝗲𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗲 𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗼𝗹 𝗱𝗲 𝗿𝗶𝘀𝗰𝗼𝘀 𝗺𝗶𝗰𝗿𝗼𝗯𝗶𝗼𝗹𝗼́𝘅𝗶𝗰𝗼𝘀 𝗲𝗻 𝗽𝗿𝗮𝘁𝗼𝘀 𝗽𝗿𝗲𝗽𝗮𝗿𝗮𝗱𝗼𝘀 𝗮𝘀𝗶𝘀𝘁𝗶𝗱𝗼 𝗽𝗼𝗿 𝗜𝗔
Este proxecto recibe financiamento da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e conta co apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027.
Un proxecto innovador centrado na predición e control de riscos microbiolóxicos en pratos preparados mediante Intelixencia Artificial.
👥 𝗖𝗼𝗻𝘀𝗼𝗿𝗰𝗶𝗼 𝗱𝗼 𝗽𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝘁𝗼
O proxecto está liderado por Cocina Culinaria, xunto a Dimensiona Consultoría Tecnolóxica S.L., Gradhoc Smart e Proquideza, contando ademais coa colaboración estratéxica de AINIA, Clúster Alimentario de Galicia e IMASDE AGROALIMENTARIA SL.
🎯 𝗢𝗯𝘅𝗲𝗰𝘁𝗶𝘃𝗼:
Garantir a seguridade e calidade alimentaria mediante microbioloxía predictiva e IA de forma eficiente e sostible en toda a cadea.
🔬 𝗤𝘂𝗲 𝗮𝗰𝗵𝗲𝗴𝗮 𝗙𝗢𝗢𝗗𝗠𝗜𝗖𝗥𝗢𝗕𝗜𝗔?
- Monitorización intelixente en planta e control da cadea de frío para reducir o desperdicio.
- Software IA e IoT para unha xestión integral, trazabilidade avanzada e predición de riscos.
- Novas solucións de hixienización e validación de modelos en contornas reais.
🧠 𝗧𝗲𝗰𝗻𝗼𝗹𝗼𝘅𝗶́𝗮 𝗲 𝗡𝗼𝗿𝗺𝗮𝘁𝗶𝘃𝗮:
Avanzamos cara á “contaminación cero” integrando análise de datos e IoT, en liña co Regulamento (UE) 2024/2895.
🤝 𝗖𝗼𝗹𝗮𝗯𝗼𝗿𝗮𝗰𝗶𝗼́𝗻:
Impulsamos a transferencia de coñecemento entre empresas e centros tecnolóxicos para transformar o sector baixo o marco de RIS3 Galicia.
🌱 𝗜𝗺𝗽𝗮𝗰𝘁𝗼:
- Mellora da protección do consumidor.
- Optimización da vida útil dos produtos.
- Aceleración da transición dixital e ecolóxica do agroalimentario galego.
💰 𝗗𝗮𝘁𝗼𝘀 𝗱𝗼 𝗽𝗿𝗼𝘅𝗲𝗰𝘁𝗼:
O proxecto Foodmicrobia conta cun orzamento de 1.382.485,87 € e está financiado a través da convocatoria NEXOS, subvencionado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia e cofinanciado pola European Union
♻️